O Concello de Boiro dá a benvida ás empresas que forman parte do espazo de coworking Lab Barbanza

22 Maio 2024

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, visitou este 22 de maio pola mañá o Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira para coñecer aos novos coworkers instalados no Lab Barbanza.

Entre estas novas empresas, moi comprometidas coa tecnoloxía, destacan unha nova firma innovadora orientada a mellorar os procesos industriais e de cultivo: mediante un sistema de captura de datos conseguen ofrecer solucións innovadoras que permiten integrar a perspectiva sostíbel optimizando prácticas no agro, na xestión dos recursos hídricos e a conservación de ecosistemas mariños.

Outra das iniciativas vai levar a cabo un proxecto que busca aproveitar as algas que chegan á nosa costa e transformalas para ser utilizadas como, por exemplo, fertilizantes. Trátase dun proxecto empresarial de economía circular que busca un uso do argazo que se retira da praia.

A terceira das novas empresas que xa desenvolve a súa actividade no Lab Barbanza busca optimizar a mercadotecnia analóxica (o marketing off-line)a través da utilización creativa de fachadas, baixos e elementos urbanos como soportes publicitarios.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, deu ás e aos responsábeis destes proxectos a benvida ao espazo e animounas/os a que aproveiten a oportunidade de poder desenvolver a súa actividade empresarial no centro: “A xeración de emprego é un dos piares fundamentais deste Goberno pois consideramos que o crecemento económico dun municipio vén de man das empresas, por iso apostamos pola formación, o emprego e o emprendemento, tres aspectos que se materializan neste centro”.

Estas empresas súmanse a outras que xa viñan desenvolvendo a súa actividade no Lab Barbanza, un espazo coworking que forma parte da Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña. As solicitudes para formar parte do espazo están abertas e poden facerse presentando a correspondente solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Boiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.