Vicente Vázquez impúxose no Certame de Poesía Francisco Añón con “O conto da leiteira”

21 Maio 2024

O Concello de Outes celebrou o pasado venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, a gala da XXVIII edición do Certame Francisco Añón de Poesía. Foi un acto para celebrar “a nosa cultura” e “honrar a memoria do poeta máis senlleiro do concello”, sinalaron dende a Área de Cultura que dirixe Anxo Núñez.

Na cita fixéronse referencias á autora homenaxeada este ano, a poeta coruñesa Luisa Villalta, e fíxose entrega dos premios nas diferentes categorías así coma a presentación das obras gañadoras da edición anterior.

A gañadora da categoría de adultos na edición anterior, Naila González, presentou (De)catarse. O gañador desta sección na edición actual foi Vicente Vázquez con Oconto da leiteira. Vicente recibirá 1.500 euros en metálico ademais de ver publicada a súa obra. O xurado destacou da súa contribución estar “cargada de saber popular, cun estilo coherente e un aquel místico que supura naturalidade”. Ademais, concedeulle un accésit a Paulo Vilar por Un día de febreiro.

A vertente musical veu da man do dúo Dara e Manuel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.