As consecuencias ambientais do proxecto de macrocelulosa de Altri centran unha charla este martes en Rianxo

21 Maio 2024

O Auditorio de Rianxo acolle este martes 21 de maio unha charla informativa organizada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa sobre o impacto da celulosa que Altri proxecta en Palas de Rei (Lugo), á beira do río Ulla e en plena comarca da Ulloa. A cita, que dará comezo ás 19.00 horas, contará coa presenza de Serxio Núñez, voceiro do colectivo veciña Santiso Vivo, Ana F. Santamaría, voceira de augas de ADEGA e doutora en Hidroloxía, e Xocar Rubido, voceiro da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDR).

Na sesión exporanse as graves consecuencias ambientais que podería ter o proxecto da portuguesa Altri para o río Ulla e para a ría de Arousa, onde desemboca, e tamén para o medio no que se proxecta emprazar. En concreto, sería unha xigantesca instalación de 360 hectáreas, aproximadamente dez veces o tamaño de ENCE en Pontevedra. Segundo as organizacións ambientais, o proxecto afectaría directamente á rede Natura (Serra do Careón, Sistema Fluvial Ulla-Deza, desembocadura do Ulla na ría de Arousa e Parque Nacional das Illas Atlánticas en Cortegada) e mesmo aos propios proxectos de ampliación da rede Natura da Xunta de Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.