A terceira carreira do Trail Series 2024 chega á Pobra no 26 de maio

25 Maio 2024

Esta última fin de semana de maio vaise celebrar na Pobra a terceira proba do Circuíto Trail Series 2024: o trail de San Isidro. Deste xeito, tralo seu paso por Porto do Son e Outes, no 26 de maio é a quenda do Caramiñal, a partir das 10.00 horas. Ofrécense dúas distancias: de 21 e de 15 quilómetros, nos que haberá avituallamento. A maiores, emprenderase unha andaina de 14 quilómetros, dificultade media, con 400 metros positivos. Así o deron a coñecer este luns 20 de maio o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido; a técnica municipal desta área, Ana Romero; e Eduardo Iglesias, en representación de Arousa NeO.

“O trail running é unha disciplina deportiva que cada vez gaña máis adeptos e adeptas ao unir actividade física e natureza, ademais de xerar comunidades de corredores e corredoras”, manifestou o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, ratificando a “firme aposta da Administración local polos deportes emerxentes” e destacando que que “a orografía de San Isidro é perfecta para este tipo de probas ao discorrer por terreos irregulares, inclinados e mesmo desafiantes”.

Sobrido quixo tamén aproveitar a súa intervención para felicitar a Arousa NeO por enriquecer a vida deportiva non só da localidade, senón tamén a de tódolos municipios próximos.

Pola súa parte, Eduardo Iglesias declarou que se recupera o Trail San Isidro despois de varios anos sen facerse. “Relación distancia, desnivel e orografía do terreo, é probablemente unha das probas máis difíciles que hai agora no circuíto de carreiras populares de Galicia”, afirmou sobre o trail longo, con 1.600 metros positivos, mentres que no curto é de 750 metros. Ambas distancias compartirán itinerario nos 6 primeiros quilómetros e despois xa se desenvolverán por paraxes distintas.

Establécense dúas categorías: sacho (homes nacidos entre 1979 e 2006; e mulleres entre 1984 e 2006) e fousa (homes nacidos no 1978 ou antes; e mulleres do 1983 ou antes). A participación acada os/as 251 deportistas.

Farase entrega dos trofeos correspondentes coa carreira, ademais de ao ser a última proba, os do circuíto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.