O primeiro de marzo botámonos ao monte contra o alzhéimer

03 Febreiro 2020

O primeiro de marzo, toca poñernos as botas de camiñar e poñer o noso gran de area na loita contra un dos grandes males do noso tempo: o alzhéimer. Estamos a falar da primeira edición da Andaina Solidaria de Boiro polo Alzhéimer, que se celebra na devandita data a partir das 10.30 horas, con saída na praza do Concello e cun límite de prazas para 150 persoas. A camiñada, que xa ten dispoñíbel o formulario para realizamos a inscrición, vén da man da asociación AGADEA e a entidade deportiva Arousa Neo. O donativo das e dos participantes será de cinco euros.

A iniciativa non será nin polo tema nin polo formato un percorrido solidario calquera. De feito, acompáñase dunha andaina teatralizada, con representación complementaria ao inicio, durante e ao remate do itinerario. A distancia a camiñar será de cinco quilómetros. Quen precise máis datos sobre a camiñada poderá obtelos a través do teléfono 672 705 053 e do Servizo de Estimulación de Boiro.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.