A conselleira do Mar reuniuse cos bateeiros para trasladarlle a situación da dragaxe do río Lérez

02 Xullo 2019

20190702. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo onte unha xuntanza con representantes das principais asociacións de bateeiros de Galicia e do Consello Regulador do Mexillón. Acompañada da directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, e do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, abordaron o proxecto de dragaxe do río Lérez, en Pontevedra, e explicoulles o punto de tramitación no que se atopa. O Executivo galego convocou este encontro pola preocupación mostrada polo sector e para aclarar directamente as dúbidas manifestadas nas últimas semanas sobre esta actuación, que está pendente de realizar desde hai varios anos e que é “unha máis das moitas que habitualmente se fan en toda a costa galega.”

Rosa Quintana insistiu en que o proxecto aínda non está completo e que non se empezaron a extraer áridos do Lérez. Segundo indicou, Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, aínda ten que rematar o proxecto, facer todas as analíticas que establecen as directivas comunitarias e sometelo ao informe de impacto ambiental, que implica un período de exposición pública e unha solicitude de informes para a autorización desa dragaxe por parte das autoridades marítimas, momento no que todos os interesados poderá consultar o seu estado e comprobar que cumpre con todas as normativas.

A titular de Mar salientou que “é un proxecto de dragaxe como os que se fan de forma continua en Galicia, con todas as garantías medioambientais. Nestes momentos estamos con outros 17 proxectos xa en marcha, aos que se suman 41 dos que se está facendo a batimetría e as primeiras análises necesarias para poder realizalos.”

Así mesmo, a conselleira manifestou que “é un proxecto máis, e non son capaz de comprender por que suscita esas mentiras que se verteron acusándonos de levar lodos altamente contaminantes a Sálvora. Os mesmos bateeiros, que están todos os días pola ría, poden acreditar que é todo falso. Nin se están facendo depósitos en Sálvora nin Portos de Galicia é o que ten que autorizalos.”

A representante da Xunta incidiu en que as dragaxes teñen unha tramitación administrativa moi complexa, así como “temos 122 portos en Galicia e o meu deber é darlle viabilidade para que poidan atracar as embarcacións, pero tamén é a miña responsabilidade responder para que os produtos das nosas rías estean nos máximos controis de calidade, que é o que defendemos en Galicia.”

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.