Queremos Galego clama nas rúas de Santiago contra a situación “de emerxencia” do idioma

17 Maio 2024

A tradicional manifestación do 17 de maio con motivo do Día das Letras Galegas, convocada pola plataforma Queremos Galego, a favor do uso do idioma, arrincou, sobre as 12:15 horas da Alameda de Santiago, para percorrer as rúas da cidade ata finalizar na praza da Quintana.  

Antes da saída, o portavoz de Queremos Galego, Marcos Maceira, resaltou que se fan 20 anos do Plan Xeral de Normalización Linguística e esixiu á Xunta o seu cumprimento porque o galego está, dixo, nunha situación “de emerxencia”.  

A mobilización, nunha xornada con paraugas pola choiva e bandeiras e panos en apoio a Palestina, contou coa presenza de figuras do panorama político galego xomo a voceira nacional do BNG, Ana Pontón; o eurodeputado Nicolás González Casares ou o candidato de Sumar ás eleccións europeas, Juan Díaz Villoslada.

Cabeceira da manifestación en Santiago de Compostela en defensa do Galego

O BNG critica as políticas “devastadoras” do PP, que van “en contra do galego”

Ana Pontón reclamou este 17 de maio un “cambio de rumbo” á Xunta nas súas políticas en materia lingüística, debido a que ao seu xuízo son “devastadoras” e van “en contra do galego”.

“O PP leva 15 anos traballando en contra da nosa lingua. Vémolo cando incumpre toda lexislación en defensa do noso idioma, o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística ou o Plan Xeral de Normalización dá Lingua Galega, aprobado por unanimidade no parlamento hai agora 20 anos”, expresou Pontón.

A líder do Bloque expresou o seu “orgullo” por ter unha lingua propia que fai que os galegos estean no mundo cunha voz, aceno de identidade dun pobo “con empuxe e futuro”.

Reivindicou “mil primaveras máis” para o galego e criticou ao PP por situarse na “ilegalidade lingüística, sempre en contra do galego”.

O PSdeG reivindica a defensa da lingua, “máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, celebrou o acto conmemorativo do Día das Letras na Coruña como “unha oportunidade” para reivindicar o patrimonio lingüístico galego, cuxa defensa é hoxe “máis necesaria que nunca”.

Desde o Teatro Colón destacou a homenaxe a Luísa Villalta como “o xusto recoñecemento a unha autora con maiúsculas”, unha escritora que sempre defendeu o galego e fíxoo “cunha liberdade creativa que 20 anos despois da súa morte segue estando tan viva como o primeiro día”.

O líder socialista lembrou que o pasado 11 de abril, con motivo da sesión de investidura do presidente da Xunta, o PSdeG “adiantouse a ofrecer un gran pacto pola lingua” para reverter a perda continua e “preocupante” de falantes nas últimas dúas décadas, de 10 puntos porcentuais.

A defensa da lingua “é un deber de todos”, asegurou Besteiro.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.