Malia que o propio venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, estaba programado que O Cantón da Leña (A Pobra do Caramiña) se convertese no epicentro local da festa coa Feira do 17, a mala previsión do tempo obrigou á súa cancelación, segundo vén de confirmar a Área de Cultura que dirixe Patricia Lojo. Así, os postos de restauración, artesanía, a polbeira, os obradoiros infantís e xogos populares non se desenvolverán no Cantón da Leña, se ben está previsto que se manteña a animación de rúa a cargo de Tanto Nos Ten, das 13.30 horas en diante. No que respecta ás actuacións de música e baile tradicional con Arrancadeira, Caramiñas, Eiradela, Trécola e Xiada, programadas a partir das 12.30 horas, seguirán adiante de “ser favorábel a evolución do tempo”.




