A Área de Cultura do Concello de Rianxo compartiu a axenda de actividades para esta semana terceira semana de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas (este 17) adicado á poeta coruñesa Luísa Villalta. A axenda tamén inclúe as accións que veñen da man das entidades asociativas con sede no concello.

Martes 14 de maio
18.00 h. Biblioteca provisional no Auditorio de Rianxo. Contacontos familiar con Moc Moc.
Xoves 16 de maio
20.30 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Libros, presentación da publicación Obras Teatrais Completas (2017-2023). Teatro xuvenil de Amantia Coello Rodríguez.

Venres 17 de maio
A partir 13.00 h. Centro Cultural Vicente Vidal (Leiro). Día das Letras Galegas en Leiro.
A partir 14.00 h. Campo de Pazos (Taragoña). Feira de 1906.
20.00 h. Praza de Padrón (diante do Busto de Rosalía). Día de Rosalía e Día das Letras Galegas.
Podemos inscribirnos no recital poético aberto enviando un correo electrónico a cultura@concelloderianxo.gal

Sábado 18 de maio
A partir das 16.00 h. O Vilar (Araño). Namórate da Aldea.
18.00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Festival Infantil de Música e Baile Tradicional TR3S PRA’3 organizado pola Asociación Vai de Roda de Rianxo
Domingo 19 de maio
19.00 h. Campo de Arriba (Rianxo). Concerto: Banda do conservatorio de música de Verín organizado pola Escola de Música de Rianxo.



