O PP de Ribeira acada o compromiso da Xunta de arranxar os estacionamentos das dunas e O Vilar

13 Maio 2024

A voceira do grupo municipal popular, María Sampedro, mantivo un encontro de traballo coa nova directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, para retomar temas xa iniciados coa anterior responsábel de parques naturais.

Acompañada pola concelleira Ana Barreiro, a voceira municipal reiterou a Díaz “a necesidade de arranxar os aparcamentos da praia do Vilar e as dunas de Corrubedo, enclaves naturais referentes no concello de Ribeira e que multiplican as súas visitas durante a tempada estival”, sinalaron.

Tamén lle mostraron á directora xeral a conveniencia de reparar a baixada á praia do Vilar, que, segundo lle comentaron, “nas últimas semanas sufriu as consecuencias das choivas e o temporal e atópase actualmente en mal estado, sendo un acceso primordial para vehículos de emerxencias”.

Sampedro e Barreiro puxeron en coñecemento da directora a necesidade de realizar labores de limpeza e roza en numerosos camiños que se atopan dentro do Parque Natural e que son moi utilizados pola veciñanza.

Durante a xuntanza tamén se tratou a posibilidade de poder retomar un proxecto presentado polo anterior equipo de goberno sobre a realización dun sendeiro no lugar de Teira. Segundo sinalaron Sampedro e Barreiro, “a directora comprometeuse a interesarse polo proxecto cos técnicos e barallar as posibilidades de que poida retomarse nun futuro”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.