A nova campaña da ABE envórcase con Boiro e o seu comercio: “O pequeno fainos grandes”

09 Maio 2024

A patronal boirense (ABE) lanzou este xoves 9 de maio a súa nova campaña para dinamizar o comercio e a cultura locais. Fíxoo baixo o lema O pequeno fainos grandes e co obxectivo de achegala o máximo posíbel ao día a día da veciñanza. Os protagonistas da campaña son os 9 traballos gañadores do I Concurso de carteis escolares Somos Boiro no que participaron os centros de ensino da localidade.

Como explicou na presentación da campaña o presidente da ABE, Daniel García, “os carteis protagonistas que estarán visíbeis en formato físico nos farois do pobo en forma de pancarta e nos tótems das rúas peonís promoven as vantaxes do consumo local a través de 9 lemas que foron ideados polos alumnos.”

A maiores elaboráronse dúas pancartas xigantes de 16 metros cadrados que estarán situadas na fachada da Praza de Abastos, en pleno centro da localidade onde aparecen os 9 carteis.

O lema da campaña #Opequenofainosgrandes explicou García “é unha alusión aos negocios locais e a importancia que teñen no ecosistema dunha localidade e por outra a importancia de que os nenos e nenas coñezan as implicación que ten o consumo local e esta circunstancia vese perfectamente reflectida nos lemas que idearon para os seus debuxos”.

A campaña a física irá acompañada dunha campaña de mercadotecnia dixital onde a ABE irá dando a coñecer cada un dos carteis e o seu lema correspondente.

Complemento: votación, premios e sorteos

Ademais os clientes dos negocios asociados poden elixir o seu cartel favorito accedendo á web da ABE (www.abe.gal) e votando no formulario habilitado entre o 9 de maio e o 16 de xuño. Entre todos os participantes sortearanse 3 Packs Verán compostos por Esterilla XL, Neceser, Palas, Frisbie, Crema Solar, Balón, Botella e Bolsa que serán os mesmos premios que tamén se levarán os 3 carteis mais votados.

Os negocios asociados contan con carteis informativos da campaña onde aparecen os 9 carteis gañadores e un código QR para poder votar ao igual que nos tótems colocados nas rúas peonís.

En paralelo a ABE pon en marcha un sorteo especial vinculado a campaña entre todos os tíckets de compra rexistrados entre o 9 de maio e o 16 de xuño na web da asociación entre os que sortearanse outros 3 packs verán.

A campaña conta co financiamento da Xunta de Galicia e a colaboración do concello de Boiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.