O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para o Campamento Concilia Verán 2024

08 Maio 2024

O Concello de Boiro abrirá este xoves 9 de maio o prazo de inscrición no Campamento Concilia Verán 2024. A concelleira de Ensino, Carmen Silva, realizou este mércores a presentación da actividade que se vai desenvolver para favorecer a conciliación durante a época estival. Segundo fixo saber, “a finalidade deste campamento é facilitar un servizo de conciliación familiar con horarios flexíbeis durante a época estival, así como ofrecer unha alternativa lúdica, formativa, integradora e de ocio e tempo libre”.

As actividades do campamento están baseadas en técnicas de intervención participativas e activas de xeito “que se fomente a creatividade e os valores de respecto e solidariedade con enfoques non sexistas, programadas en función das idades”, sinalou, engadindo que o Campamento Concilia Verán 2024 desenvolverase entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, agás sábados, domingos e festivos; no CEIP Santa Baia de Boiro, CEIP Abanqueiro, Centro Social de Cabo de Cruz e CEIP Cespón. O horario de entrada será a escoller entre as 8.00, as 9.00 e as 10.00 horas e o horario de finalización ás 14.00 horas.

O total de prazas entre os distintos centros é de 220 e a actividade está destinada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos escolarizados. O custo do campamento dependerá do horario de comezo e varía entre os 150 euros/mes, 130 euros/mes ou 110 euros/mes. Ademais, haberá descontos no caso de segundos irmáns e sucesivos ou casos de exclusión social.

O prazo de inscrición estará aberto entre o 9 e o 23 de maio. Os impresos están dispoñíbeis na web municipal, na Casa da Cultura de Boiro ou na Casa Consistorial de Boiro e deberán presentarse no Rexistro Xeral ou na sede electrónica do Concello. O listado definitivo de persoas admitidas publicarase o 4 de xuño, momento no que deberá facerse o pago da taxa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.