Catro persoas, dúas delas menores de idade, foron evacuadas logo dunha colisión entre dous coches en Padrón

06 Maio 2024
GES Padrón

A estrada permaneceu cortada mentres duraron os traballos dos servizos de emerxencias.

Foi un particular quen, pouco antes das 20:30 horas, informou ao 112 Galicia de que acababa de producirse unha colisión entre dous turismos no quilómetro 78 da N-550, na parroquia de Cruces. Durante a conversa, explicou que había varias persoas feridas, pero que todas se atopaban liberadas e accesibles.

Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que eran catro os feridos, dous deles menores, e que todos foron evacuados a bordo dunha ambulancia. A continuación, os efectivos do GES procederon coas tarefas de limpeza do asfalto.

Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Padrón e os operarios dos servizos de mantemento da estrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.