As familias poderán consultar a partir do luns as listaxes provisionais de admitidos nas escolas infantís da Xunta para o curso 2024-2025

05 Maio 2024

A Xunta de Galicia publicará mañá a listaxe provisional de admitidos nas súas escolas infantís para o curso 2024-2025, que se poderá consultar na páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade. A partir do martes día 7 de maio e a ata o luns 13 abrirase un período para presentar alegacións.

As listaxes definitivas de admitidos nas máis de 170 escolas infantís da rede pública autonómica daranse a coñecer o día 31 deste mesmo mes, unha vez feito o cribado de solicitudes dun mesmo neno para varias escolas.

Unha vez publicada a relación de admitidos, as familias terán de prazo do 1 ao 14 de xuño para formalizar a matrícula dos seus fillos. O inicio do curso nos centros de 0 a 3 anos da Xunta está fixado para o 6 de setembro.

Gratuidade

No curso 2024-2025 a atención educativa será de novo gratuíta para o 100% do alumnado en todas as escolas infantís de Galicia durante oito horas ao día e once meses ao ano, tanto nas que forman parte da rede pública da Xunta como nas que dependen dos Concellos, nas de iniciativa social e nas privadas adheridas ao programa de gratuidade do Goberno galego.

As listaxes definitivas daranse a coñecer o vindeiro 31 de maio

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.