“As plantacións de berberecho e ameixa de novo en perigo” – Antón Luaces

05 Maio 2024

Por se foran pouco os estragos que ocasionan nas rías de Arousa e Muros-Noia os vertidos contaminantes e descontrolados que chegan a elas acotío a través dos ríos e regachos, as constantes choivas que estes días abaten de novo sobre o litoral galego -de xeito moi evidente no territorio que as devanditas rías abranguen- non axudan nin o máis mínimo á rexeneración dos parques de cultivo que con tanto esmero e esperanza resementaron os mariscadores nos areais desas rías tentando, unha outra vez, recuperar a capacidade marisqueira que tanto ben leva ás familias destas amplas comarcas.

Non teñen os mariscadores moita confianza non xa na recuperación do perdido, senón do que, días pasados, resementaron. Cada mañá ollan ao ceo por comprobar cal é o seu semblante; pero homes e mulleres que fían o seu día a día no que o  traballo lles permite extraer deses areais, pouco, por non dicir nada, agardan desas sementeiras levadas a cabo pensando en respostas positivas para o próximo verán.

A choiva acumulada nos pasados e actuais días non espertan un só sorriso nas súas facianas. Máis ben traslocen un avesío futuro, que os leva a manter a convocatoria dunha nova mobilización -desta vez en Ribeira- para o 13 de maio ás 12,30 horas.

Reclaman, como xa fixeron o pasado martes en Pontevedra, un plan de rexeneración e  saneamento das rías e un plan de continxencias  que faga posible unha cobertura fiable fronte á incidencia a longo prazo dunha situación como a que se vive na actualidade, e que tanto o goberno central como o autonómico se impliquen verdadeiramente na problemática que lles afecta e que, ao mesmo tempo, lles permita dispor dunha cobertura fiable fronte a incidencias como as actuais. De aquí que entendan que o diálogo político entre as devanditas administracións sexa indispensable para superar esta problemática. 

Xa o pasado martes uns catrocentos mariscadores se concentraron en Pontevedra para esixir á Xunta a posta en marcha de  medidas contra a crise do sector, como consecuencia da mortaldade de ameixa e berberecho que se rexistra dende o pasado mes de outubro e a falta de cría de moluscos, malestar que se expresaba nídiamente nunha pancarta coa lenda “Na defensa do noso mar”, que non era outra cousa ca expresión do compromiso dos mariscadores neste eido.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.