O 9 de febreiro celébrase a sétima Marcha BTT Concello de Rianxo

31 Xaneiro 2020

O 9 de febreiro toca botarse ao monte en Rianxo e pedalear. O motivo? A celebración da sétima Marcha BTT Concello de Rianxo, un roteiro circular con saída e chegada no porto da vila e que, polo medio, depara a quen participe un percorrido polos camiños e montes do concello e, como agasallo, pequenas pero interesantes incursións nos concellos limítrofes: Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e do Concello de Rianxo.

Segundo informan as entidades organizadoras, trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña que se divide, en función da dificultade, en tres rutas (curta – 32 km), (media – 50 km) e (longa – 72 km). De xeito simultáneo á proba BTT desenvolverase unha andaina de 19 km.

O programa da xornada artéllase do seguinte xeito:

· 8:00 h. Recollida de dorsais.

· 9:00 h. Saída das marchas do Porto de Rianxo.

· 11:00 h. 1º Corte – Ruta curta de 32 quilómetros.

· 11:45 h. 2º Corte – Ruta media de 50 quilómetros.

· 15:00 h. Hora estimada da chegada.

Quen queira inscribirse na proba montañeira poderá facelo dende xa até o 5 de febreiro ás 22 horas ou até completar as inscricións, sendo o custe de 15 euros. O proceso pode facerse na web Emesports.es.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.