O 3 de maio comeza a veda do polbo e moitos compran para conxelar

01 Maio 2024

Esta parada será de dous meses, pero a da campaña vindeira podería ser de catro.

Este venres día 3 de maio ás catro da tarde comeza a veda. O polbo que veremos nos mercados ou será conxelado ou será de fóra. De aí que moitos busquen estes días o cefalópodo galego fresco.

Nótase na praza esa tendencia a atopalo máis caro. Se hai dez anos o prezo medio en lonxa era duns cinco euros, nesta campaña marcou nove euros e medio. Nos últimos anos, ademais de ir subindo o prezo foron minguando as capturas do cefalópodo. 

A veda do pasado ano foi de mes e medio. Este ano será de dous meses, maio e xuño. Para o ano que vén a veda podería ser non de dous meses senón de catro meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.