A Asociación de Medios en Galego (O Barbanza- Código Cero), dinahosting e PuntoGal volven a unirse polo Día das Letras Galegas e de Internet

03 Maio 2024

Neste mes de maio e pola conmemoración do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, a Asociación de Medios en Galego (mediosengalego.gal), e a provedora de servizos dinahosting (dinahosting.gal) e PuntoGal (dominio.gal) unen esforzos para apoiar o uso do galego na rede a través da iniciativa “Subscríbete ao galego”.

Dende o 17 de maio e ata o 31, as persoas que se subscriban algún os medios en galego participantes na campaña recibirán un dominio .GAL e un hosting totalmente de balde e durante o período dun ano. Este agasallo está valorado en máis de 170€.

Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter ata o 30 de xuño o seu hosting e dominio gratis.

O porqué de “Subscríbete ao galego”

Nun mundo tan globalizado e marcado polo emprego da tecnoloxía, a Asociación de Medios en Galego, dinahosting e PuntoGal queremos contribuír a un maior uso da nosa lingua na Internet.

Un dominio .GAL e un hosting web de balde permitiranlles ás persoas beneficiarias gozar dunha conta de correo profesional co seu propio nome de dominio e iniciar o seu proxecto web sen necesidade de facer ningunha inversión inicial. Un xeito de impulsar a comunidade de creación de contido en galego e de fomentar a normalización do idioma en todos os ámbitos.

Ao mesmo tempo, esta campaña supón un reforzo para cada un dos medios que participan. Aportarlle valor engadido ás persoas que queiran subscribirse é a mellor forma de seguir gañando base social e de que os medios galegos gañen peso.

Os medios con subscrición que participan nesta campaña son: 

Ademais, apoian a campaña os seguintes medios (que non teñen subscrición): 

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 6.900 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.

Sobre Dinahosting

Dinahosting leva máis de 20 anos ofrecendo servizos de aloxamento e xestión de dominios para todo tipo de proxectos web, dende as páxinas máis sinxelas ás infraestruturas online máis esixentes. A súa aposta polas tecnoloxías de última xeración e por un equipo humano de profesionais especializados, permítelles responder aos seus clientes na maior brevidade, calquera día da semana a calquera hora. Ademais, son o único rexistrador autorizado por ICANN en Galicia para a venda de dominios. Para saber máis: dinahosting.gal

Sobre AMEGA

AMEGA, da que forman parte as revistas mensuais O Barbanza e Código Cero e as súas webs: codigocero.com, codigo.gal e obarbanza.gal, nace no 2013 cos principais obxectivos de defender os intereses dos seus asociados favorecendo así o fortalecemento dos medios de comunicación en galego, contribuíndo ao proceso de asentamento do sector e á consolidación dun espazo de comunicación en galego, fomentando a súa presenza pública, tanto individual como conxunta.
Máis información en mediosengalego.gal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.