Os socialistas do Barbanza amosan o seu apoio a Pedro Sánchez

27 Abril 2024

Os socialistas do Barbanza reunironse esta mañá en Rianxo en apoio ao presidente, Pedro Sánchez. O secretario comarcal, Luis Ruiz, leu un manifesto acompañado dos candidatos comarcais e a militancia socialista da comarca.

​ “Os partidos da dereita, incapaces de propoñer unha alternativa de goberno que acade o respaldo maioritario da cidadanía, pretenden derrocar o actual goberno lexitimamente elexido en urnas, co uso de calquera fórmula o seu alcance”, afirmou Ruiz. O motivo que levaba ao presidente a esta reflexión foi o uso que se está a facer de distintas formulas que se atopan fora do debate político.

O fin último dos ataques non é outro que derrocar o goberno socialista. “A derrota da democracia, a modificación de un goberno fruto de un proceso de elección lexítimo, o cambio do sentir maioritario de un pobo co uso da mentira, do engano, da manipulación pública, e en este caso tamén, do uso interesado da xustiza”, recoñeceron no comunicado.

Os socialistas do Barbanza mostraron deste xeito o seu apoio ao presidente do goberno, Pedro Sanchez, para a non dimisión. “Que o faga por el, por todo o que lle queda aínda por aportar o futuro de este país, e, sobre todo, porque o que está en xogo é a defensa da democracia, da nosa democracia, unha vez mais, outra mais, a potestade do pobo de elexir libremente o seu proxecto de futuro”, afirmou Ruiz no comunicado.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.