Cáritas Diocesana aproba as contas do ano 2023 cun saldo positivo

27 Abril 2024

Socios, achegas, donativos e colectas sitúanse no primeiro lugar dos ingresos cun 33%.


Cáritas Diocesana de Santiago obtivo un resultado positivo de 533.476 euros, segundo o exercicio económico do ano 2023 aprobado durante un Consello que presidiu o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández. Na
reunión do máximo organismo da institución presentáronse os novos estatutos da entidade e decidiuse o peche da empresa AHortas que traballaba no campo da inserción laboral en materia agrícola.
Exercicio económico
Na memoria económica de Cáritas Diocesana de Santiago destácase o resultado positivo de 533.476 euros, como diferencial entre os ingresos de 8.977.567 euros e os gastos de 8.444.090 euros.
No apartado dos gastos totais, cunha desviación do 13%, as axudas concedidas representaron o 43%, @teniendo en cuenta as
achegas feitas en especie, as entregas nos economatos, e ao comedor. Na execución orzamentaria o persoal representa o 33%,
experimentando unha subida debido ao aumento e a actualización dos soldos .Por Áreas de Intervención os gastos aumentaron en Atención Primaria, e a distribución xeográfica dos gastos está encabezado polos Servizos Xerais (40%), seguido de Cáritas Interparroquial da Coruña (28%).
As contas, no relativo aos gastos, incorporáronse a través os novos eixos de Cáritas cos seguintes resultados: Cobertura de Necesidades Básicas: Dignidade e normalidade (40%); Soledad: Falta de Autonomía Social 10%); Emprego: Traballo Digno (23%); Vivenda: Hogar (18%), e Colaboracións (9%).

Os ingresos rexistraron un aumento do 13% respecto ao ano anterior e quedaron un 22% por encima do que se orzou. O 30% das
achegas recibidas obtívose a través de socios, colectas, donativos, herdanzas e legados particulares. Os ingresos procedentes das
subvencións e convenios asinados coas administracións públicas-Xunta, Deputacións, Concellos e IRPF- representaron o 27%.Neste
aparatado dar conta tamén dos convenios, subvencións e doazóns procedentes de entidades de carácter privado.
No orzamento previsto para o exercicio 2024 o apartado dos ingresos-7.662.591 euros- rexistra unha diminución próxima ao 15% con respecto ao ano anterior. No capítulo dos ingresos socios, achegas, donativos e colectas sitúanse no primeiro lugar cun 33%, seguido das subvencións e convenios coas administracións públicas (32%).
Novos Estatutos
O proceso de revisión e redacción dos novos Estatutos de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, foron presentados ao Consello que deu a súa aprobación para que sigan os trámites oportunos.
A nova redacción parte dos principios fundamentais que reflicten a identidade, misión e compromiso coa acción caritativa e pastoral no ámbito diocesano.

O máximo organismo da entidade coñeceu a decisión do peche da empresa de inserción AHortas, levando a cabo a liquidación total á vez que se acordou a cesión de bens á Asociación A Raiña para que continúe coa explotación das finas, así como a utilización do
inmobilizado existente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.