Este venres recala en Boiro “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro

26 Abril 2024

A Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este venres 26 de abril á representación teatral de Deadpan Karaoke, a cargo de Ibuprofeno Teatro, a partir das 21.00 horas.

As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función na billeteira.

Trátase dunha peza para público adulto dirixida por Patricia Rodríguez e escrita por Patricia Rodríguez e Marián Bañobre.

O título é unha mestura de Deadpan, que en inglés significa “cara morta, baleira de expresión, imperturbable”, e Karaoke, do xaponés Kara (baleiro) e oke (orquestra).

Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, e que trata de dar resposta á pregunta: é posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos?

Deadpan é un personaxe incapaz de sentir e expresar emoción. A través das súas accións e grazas á contextualización das mesmas dentro dun karaoke, consegue facer accesíbeis e divertidas para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.