O Executivo ribeirense denuncia a falta de persoal médico no Centro de Saúde

24 Abril 2024

Este 24 de abril integrantes do equipo de Goberno de Ribeira concentráronse no Centro de Saúde de Ribeira coas traballadoras e traballadores do servizo, co obxectivo de “denunciar a falta de persoal médico e a situación de precariedade na que os profesionais da saúde desenvolven o seu traballo”. En palabras do concelleiro de Sanidade, “o que acontece no Centro Saúde é consecuencia do desleixe da Consellería coa poboación de Ribeira, cun cadro de facultativos reducido á metade, e con 6.000 pacientes que a día de hoxe non teñen sanitario”. E engadiu: “Hoxe faltan 5 médicos no Centro de Saúde, que se corresponden con dúas baixas de longa duración e varias prazas que están sen cubrir”.

O Goberno local tamén dixo que os profesionais están soportar unha “carga excesiva de traballo”, o que deriva no deterioro da atención primaria debido á falta de persoal e que ten consecuencias negativas na atención especializada. “Os pacientes teñen dereito a que se lles atenda nas mellores condicións; hoxe moitos quedaron sen atender e tiveron que desprazarse a outros centros ou ás urxencias do hospital”, afirmou Furones.

Pola súa banda, Isabel Fernández, traballadora social do Centro de Saúde explicou que “os pacientes crónicos non están ben atendidos porque os médicos están desbordados ao ter que cubrir cupos que non lles corresponden; isto deriva nunha enorme falta da calidade na atención primaria facendo que se perda calidade de vida e un agravamento da enfermidade do paciente”. Fernández apelou á cidadanía para que se mobilice e demande melloras no servizo: “Temos que loitar pola sanidade pública de calidade”.

O alcalde Luís Pérez Barral expresou o seu apoio aos traballadores e traballadoras do Centro de Saúde de Ribeira, consultorios de Corrubedo, Palmeira e Aguiño, e do Hospital do Barbanza “que se están vendo repercutidos por esta situación límite”.

Segundo explicou, dende o Concello notificouse á Consellería de Sanidade o acontecido no día de hoxe: “A Administración autonómica debe reverter esta situación e atender ás reivindicacións dos profesionais sanitarios porque redundará nunha mellora da calidade asistencial que se lle presta á poboación do noso concello”.

O rexedor tamén lembrou que “se lle solicitou de xeito reiterado dende o mes de xullo do 2023 á Consellería que sente a falar con este Goberno local para tratar de solucionar os problemas que ten o Centro de Saúde de Ribeira, comezando pola necesidade de cubrir todo o persoal de baixa e as vacacións e seguindo pola mellora do propio centro sanitario”. E engadiu: “Teñen a nosa man tendida para colaborar no que se precise para que a poboación de Ribeira teña acceso a unha atención médica de calidade”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.