“23 de abril Día Internacional do Libro. Invitación a visitar a nova sala iconográfica de Valle-Inclán na Pobra”. Antonio González Millán

23 Abril 2024

Celebremos esta efeméride de carácter mundial creada por proposta da UNESCO cos obxetivos de: promover a lectura, o valor da industria editorial e a proxección da propiedade intelectual por medio do traballo de autor.

Convidámoste a que visites a nova sala de iconografia valleinclaniana, espazo expositivo onde, entre moitos fondos orixinais, verás un antigo disco de pizarra do ano 1931 onde está grabada a voz de don Ramón del Valle-Inclán recitando extractos de textos literarios seus. 💿 Anverso: narración da chegada do marqués de Bradomín ao Pazo de Brandeso, fragmento da ‘SONATA DE OUTONO’ (3:04) | 💿 Reverso: poemas ‘La trae un cuervo’, ‘Rosa de Job’ e ‘La trae una paloma’ de CLAVES LÍRICAS (2:51).

Madrid: Centro de Estudios Históricos: ARCHIVO DE LA PALABRA

Identificador: LK 4190 Regal

Soporte: disco (6 min); 78 rpm. 25 cm.

Técnica: Grabación eléctrica ‘viva-tonal’ (Western Electric)

Columbia Gramophone Company

Grabación realizada: 13 de decembro 1931

Voz: RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN /

N.(Natural de) PUEBLA DEL CARAMIÑAL (Pontevedra) / 1869

Magnífico estímulo para ler estes libros.

Observa os datos biográficos que, en vida e plena madurez profesional, Valle-Inclán reitera libremente: —1— Renegar dunha localidade de berce para adoptar como tal á vila devocional da Pobra do Caramiñal || —2— Quitarse anos.

Que tercos os feitos contemporáneos para aqueles que botan por Terra a irmandade entre os pobos… ‘Renegados’ que exclúen e vetan e desvirtúan a vontade humana dun gran artista universal… 💮 Alén de localistas xenófobos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.