O CEP de Carreira acolleu unha xornada sobre o ciclo da auga

23 Abril 2024


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, visitaron este luns 22 de abril o CEP de Carreira no marco dunha xornada de formación sobre o ciclo da auga levada a cabo por Viaqua e encadrada no proxecto Aqualogía.

O programa Aqualogía é un programa educativo para escolares de Educación Primaria, que presenta a auga dende unha perspectiva acorde cos retos e oportunidades do noso mundo actual e futuro. A través das actividades do ciclo móstrase como chega a auga ás casas e que tratamentos se realizan para que sexa apta para consumo ou para devolvela ao medio natural. demais, afonda sobre temas de medio ambiente, como a importancia da auga, a sostibilidade e o cambio climático.

Viaqua pon a disposición dos colexios que o soliciten a opción dun obradoiro na aula no que mediante diferentes recursos, xogos e experimentos interactivos e adaptados a cada ciclo, traballan na clase ou dende a casa os usos da auga.

“O ensino sobre o ciclo da auga proporciona ao alumnado unha base sólida para comprender os retos relacionados coa auga aos que se enfronta o noso planeta.” destacou o alcalde Luís Pérez, engadindo que “desde a escaseza de auga en certas rexións ata a contaminación das fontes de auga doce, a educación do ciclo da auga capacita aos mozos e mozas para comprender os problemas ambientais e buscar solucións sustentábeis”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.