A patronal boirense (ABE) informou de que xa ten todo preparado para a súa nova campaña con motivo do Día da Nai, que ten como obxectivos premiar a fidelidade dos clientes e promocionar as vendas nos negocios asociados nesta data tan sinalada. Nesta ocasión as veciñas e veciños que realicen as súas compras entre 22 de abril e o 5 de maio e rexistren os seus tíckets e/ou facturas en www.abe.gal participarán no sorteo de dous bonos ABE de 50€ cada un para utilizar en calquera dos negocios asociados. Estes premios duplícanse se os agraciados contan co carné de familia numerosa.




