A Cátedra do Camiño estrea a maior base de datos con información de peregrinos a Compostela do século XIX

15 Abril 2024

A Cátedra do Camiño e das Peregrinacións da USC, que xurdiu da colaboración da USC con Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, acaba de estrear a Base de Datos de Peregrinos a Compostela (Badapeco), unha ferramenta dixital de consulta e traballo en liña que permitirá poñer en contacto a persoal investigador, docentes, universidades e centros de investigación interesados en estudar e achegar novos datos sobre peregrinas e peregrinos a Santiago de calquera época a partir de fontes bibliográficas e documentais.

Badapeco xorde no marco dos proxectos de investigación financiados pola Cátedra e ofrece información sociolóxica sobre máis de nove mil persoas que peregrinaron a Compostela no século XIX, extraída polo doutor Arturo Iglesias Ortega a partir dos rexistros máis antigos conservados no Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela: nome e apelidos, data da peregrinación, procedencia, sexo, estado civil, ocupación, parentesco con outras persoas que peregrinaran, notas sobre a peregrinación e biografía da persoa se é o caso…

A base de datos está dispoñible en aberto na web da Cátedra do Camiño e preséntase como unha plataforma colaborativa, cun formato wiki grazas ao cal calquera persoa pode modificar ou agregar novos datos, polo que marca un fito na investigación sobre o Camiño de Santiago ao converterse na máis importante base de datos de camiñantes a Santiago no ámbito internacional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.