As narracións orais de “Coñece Europa con Kalopsia” chegan este martes a Taragoña

15 Abril 2024

O espectáculo de obradoiros e narracións Coñece Europa con Kalopsia vai recalar esta semana no Centro Cultural de Taragoña, concretamente o martes 16 de abril a partir das 18.00 horas. Será unha cita infantil e xuvenil para rapazas e rapaces de entre 5 e 12 anos. As inscricións cómpre facelas no correo xuventude@concelloderianxo.gal. Trátase dun espectáculo para que nenos e adolescentes coñezan máis a fondo, dun xeito enriquecedor e divertido, a realidade da UE e dos países que a integran. A cita, que forma parte dun ciclo de itinerarios polos concellos da provincia, vén da man da oficina Europe Direct A Coruña da Deputación da coruña.

O espectáculo, que xa pasou por Dodro e Boiro, recalará tamén o 24 de abril no Auditorio de Rois ás 18h; e o venres 10 de maio na Casa da Cultura de Portobravo, en Lousame, ás 18h.

Trátase dun obradoiro de narracións orais que explica ao público infantil dunha maneira sinxela e entretida o funcionamento e valores da Unión Europea. Esta actividade realizase ao abeiro do programa Europa no teu Concello da Deputación da Coruña.

A sesión comezará cun achegamento a algúns relatos e libros infantís europeos para coñecer un pouco da tradición literaria da Unión Europea e as diferentes culturas que a compoñen. A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descubre Europa desde o espazo exterior, editado pola Representación da Comisión Europea en España. O conto está concibido para que os nenos e nenas coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que “a diversidade é un valor que nos enriquece”, sinálase dende a organización, engadindo que ao rematar os cativos converteranse en protagonistas e poderán xogar a formar os seus propios países e alianzas.

A actividade contará con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade.

O contacontos  Coñece Europa con Kalopsia percorrerá quince municipios da provincia da Coruña nos vindeiros meses. Esta actividade forma parte da programación que Europe Direct A Coruña (Deputación) ofrece aos concellos adheridos á rede Europa no teu Concello e poderá verse en Cerceda, Narón, Carral, Dodro, Cariño, Boiro, Pontedeume, Rianxo, A Laracha, Negreira, Rois, Valdoviño, Padrón, Dumbría e Lousame.

Outros artigos

Xoves seguen as choivas e temperaturas baixas para a época

Non se agardan cambios significativos para o xoves, xo que continuaremos baixo unha borrasca situada no Cantábrico. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos con chuvascos probables en calquera punto da Comunidade. As temperaturas non experimentarán cambios...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...