O calendario de orientación deportiva de Porto do Son arrinca o 12 de maio nos montes de Nebra

15 Abril 2024

O concello de Porto do Son promete ser esta tempada un fervedoiro de opcións deportivas e de lecer. Para exercitar e acondicionar corpo e mente, a ADC Arnela e o Concello achegaron un completo calendario de actividades de orientación deportiva. “Queremos que nova xente poida acceder a este deporte, para compartir coa familia unha xornada de diversión e actividade física”, informaron dende a organización, engadindo que a primeira cita será na contorna da parroquia de Nebra, o vindeiro 12 de maio.

A organización achega a seguinte listaxe de citas deportivas.

12 Maio – Montes de Nebra (en bicicleta ou correndo)

23 Xuño – Portosín (correndo)

1 Setembro – Monte Cabeiro (andando ou correndo)

20 Outubro – Monte Enxa (correndo)

7 Decembro – Porto do Son (correndo)

28 Decembro – Porto do Son (correndo)

Inscricións e información na web da ADC Arnela e máis no Facebook da asociación.

Para quen non o saiba, o deporte de orientación é unha actividade que combina a práctica física coa navegación en plena natureza. Consiste en que cada participante, coa axuda dun mapa e un compás, tense que orientar por camiños descoñecidos ata atopar, nunha orde determinada, os puntos de control que se marcaron sobre o terreo. O reto deberá facerse no menor tempo posíbel. Estes puntos de control poden ser balizas ou estar marcados de forma electrónica e adoitan situarse en zonas de difícil acceso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.