O Vilar (Araño) celebra o 27 de abril o festival para todos os públicos “Namórate da aldea”

12 Abril 2024

O sábado 27 de abril será finalmente cando se celebre no Vilar (O Araño, Rianxo) o festival cultural Namórate da aldea, logo de que a organización do evento se vise obrigada a adialo por mor da chuvia o pasado 6 de abril. A cita vén da man da Asociación Cultural A Carballeira de Baia, a Asociación de Veciños do Araño e a Asociación Cultural A Ermida de Xoán, coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

As actividades comezarán ás 17.00 horas cunha andaina dende A Ermida (Buía). Serán 2,5 quilómetros de ruta de dificultade media.

Ás 16.30 horas haberá xogos populares para a rapazada (chave, petanca, bolos) e unha xincana entre aldeas.

Ás 17.30 horas haberá unha sesión de teatro infantil co cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa.

Tamén está previsto un obradoiro de cociña para a elaboración de brochetas con froitas e chocolate. Haberá merenda e chocolatada.

Ás 19.00 haberá unha proxección (Cine na aldea) para todos os públicos, e repartiranse flocos de millo (palomitas).

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.