O Concello de Boiro recibiu da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades unha subvención para a adquisición de novidades editoriais para a biblioteca. O importe recibido é 4295,59 euros que se van destinar mellora das coleccións bibliográficas e adquisición de novidades editoriais en galego en formato físico.
O obxectivo desta subvención é dotar de novidades literarias a Biblioteca Municipal de Boiro, integrada na Rede de bibliotecas públicas de Galicia. O Concello de Boiro conta con dúas bibliotecas da rede, a situada na Casa da Cultura de Boiro e a Axencia de Lectura Municipal de Escarabote, situada no Centro Social de Escarabote.



