Detido Vidal Padín, “O Burro”, nun operativo vinculado ao narcosubmarino Poseidón e ás planadoras de Ribeira

09 Abril 2024

Efectivos de Policía Nacional, Garda Civil e Servizo de Vixilancia Aduaneira deron este martes un novo golpe á infraestrutura loxística do narcotráfico na zona de Arousa, cun operativo en que foron detidas polo menos cinco persoas, entre elas o empresario arousán Juan Manuel Vidal Padín, alias o Burro, no punto de mira das forzas policiais desde hai tempo.

A operación, que segue en marcha, inclúe un rexistro dende primeira hora da mañá nunha nave de Vilaxoán. Nesa nave atopáronse supostamente dúas planadoras. Arestora os rexistros continúan nesa nave e noutros puntos da provincia.

No operativo policial practicáronse polo menos cinco detencións e atopáronse dúas planadoras. TVG

Esta actuación está vinculada, explicaron as mesmas fontes, á investigación que se abriu no seu día pola aparición dun narcosubmarino en augas da ría de Arousa, en marzo do ano pasado. O batiscafo, bautizado como Poseidón, foi localizado fronte ás costas de Vilaxoán e recuperado polas forzas de seguridade.

Unha vez en terra confirmouse que estaba baleiro, aínda que no seu momento os investigadores determinaron que tiña capacidade para transportar uns 5.000 quilos de cocaína.

Así mesmo, as forzas policiais tamén o relacionan coa aparición, tamén fai algo máis dun ano, de dúas planadoras varadas nas costas de Ribeira.

De feito, este martes interviñéronse efectos relacionados coas narcolanchas e hai uns días realizouse outro operativo para a desarticulación dunha rede encargada da construción e transporte deste tipo de embarcacións, cunha decena de persoas implicadas (entre detidos e investigados), entre elas varias persoas vinculadas con José Ramón Prado Bugallo, Sito Miñanco.

Nesa actuación policial realizáronse varios rexistros e atopáronse diferentes moldes para a construción de planadoras semirríxidas, así como un camión preparado para o seu transporte.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.