Outes achega aos camiñantes media ducia de roteiros para coñecer os seus tesouros

08 Abril 2024

A concelleira de Turismo e Patrimonio de Outes, Sol Agra Tuñas, e o encargado de Tremuzo Historia e Patrimonio, Antonio García, veñen de presentar o cartel para as andainas de primavera de Coñece o noso patrimonio.

Os roteiros van dirixidos novamente a desvelar os tesouros e segredos ambientais, paisaxísticos e patrimoniais do concello da man dunha persoa experta.

Podemos inscribirnos o luns previo a cada andaina da páxina web municipal ou na Casa de Cultura de Outes (ou chamando ao 981 850 950). Este 8 de abril quedan abertas as inscricións para a primeira andaina programada no 14 de abril con saída do Centro Náutico ás 9.00 horas: Historia do Freixo e Rego do Rial, de dez quilómetros de percorrido.

O domingo 28 será a quenda do roteiro Camiñando cara a orixe do concello de Outes, con saída da Eira do Carme (Brión de Arriba) ás 9.00 horas, e con 9 quilómetros de percorrido.

O día 12 celebrarase San Miguel de Valadares e montes de Lantarou, con saída da igrexa de San Miguel de Valadares ás 9.00 horas, e 11 quilómetros de distancia.

O día 26 de maio será a quenda do roteiro Torre dos Mouros e fervenzas de San Paio, con saída da igrexa de San Lourenzo ás 9.00 horas (e con 6,5 quilómetros de distancia).

O día 9 de xuño toca coñecer un dos principais cursos fluviais do territorio a través de Historia ás beiras do río Bendimón. A saída será ás 9.00 horas dende o aparcamento da igrexa de Roo ás 9.00 horas.

O día 23 de xuño péchase a axenda de camiñadas con De Mirás a Carleo polo Cristo de Baneo, con saída ás 9.00 horas da capela do Socorro e 7,5 quilómetros de percorrido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.