Pontecesures acolle un acto simbólico co BNG para advertir dos perigos que traerá a macrocelulosa Altri

08 Abril 2024

Pontecesures reunía esta mañá do luns 8 de abril, a deputados, deputadas e representantes municipais do BNG nun acto organizado para amosar a súa rotunda oposición á implantación da macrofactoría de Altri en Palas de Rei, unha catástofre medioambiental no corazón de Galicia que preocupa aos concellos que se nutren da estación de tratamento de auga potábel (ETAP) do río Ulla, tanto polos efectos que a celulosa terá na calidade das augas como polo risco de abastecemento que suporá.

Amais dos e das deputadas Luís Bará, Rosana Pérez, Montse Prado e Iria Carreira, participaron no acto a senadora Carme da Silva, a alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino e o rexedor de Catoira, Xoán Xosé Castro, xunto a representantes do BNG en Ribeira, Pobra do Caramiñal, Rianxo, Padrón, Valga, e Dodro, pois estes concellos (xunto a Boiro e Vilagarcía) abastécense da mencionada estación potabilizadora e poderían verse prexudicados gravemente pola instalación da celulosa.

Os presentes sinalaron que “segundo os plans feitos públicos por Altri, a macrofábrica de Palas consumirá directamente desde o río Ulla 46.000 metros cúbicos de auga ao día, o que supón máis do 10 % do volume de auga do encoro de Portodemouros e equivale ao consumo de auga humano de toda a provincia de Lugo”.

Engadiron que o proxecto de Altri tamén conta que a celulosa verta de volta ao río 30.000 metros cúbicos ao día de augas industriais “que incidirán aínda máis na contaminación do río”, segundo subliñou a deputada pobrense Rosana Pérez, que xa ten rexistrado no Parlamento galego unha batería de iniciativas contra os plans da empresa portuguesa e para reclamar o desenvolvemento dun plan.

O BNG sostén que, de se levar a cabo, este proxecto “suporá un empeoramento da calidade da auga do río tanto polos vertidos como polo risco de eutrofización ao baixar o caudal nos tres encoros superpostos (Portodemouros, Brandariz e Touro). É evidente que todos estes efectos negativos serán trasladados augas abaixo causando un impacto no río Ulla moi severo, empeorando a calidade das súas augas e comprometendo o caudal en épocas de estiaxe”.

Rosana Pérez reclamou á Xunta que “manteña un proxecto que permita aumentar un 40 % a capacidade da ETAP e garantir o subministro de auga a unha poboación que se achega aos 100.000 habitantes no conxunto dos dez concellos”. Algúns destes, nomeadamente os da Arousa Norte, dixo, “xa teñen sufrido restricións aos veciños e veciñas, acoutando as posibilidades de desenvolvemento de solo industrial”, subliñou a deputada.

A senadora do BNG, Carme da Silva, lembraba que unha das condicións que pon a empresa lusa para instalarse en Galicia é a percepción de entre 200 e 250 millóns de euros dos fondos europeos recollidos no PERTE de descarbonización. “O Goberno non pode amparar nin apoiar o desenvolvemento deste tipo de industrias que afectan negativamente ao medio ambiente, á protección da biodiversidade e a un uso sustentábel dos recursos hídricos”. Atendendo a isto, da Silva avanza que este martes, 9 de abril, durante a sesión de control ao Goberno do Estado no Senado, o BNG preguntará ao Ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, sobre a vontade do executivo de “incluír ou non” a macrocelulosa de Palas de Rei entre os proxectos que recibirán axudas do PERTE de descarbonización, pois a senadora do BNG denuncia que o proxecto incumpre os requisitos establecidos para a percepción destes fondos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.