O ciclo “Café con libros” presenta este mércores un libro sobre a memoria histórica na literatura infantil e xuvenil

07 Abril 2024

Este mércores 10 de abril a Biblioteca Municipal de Rianxo, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, a Deputación da Coruña e o Concello rianxeiro van organizar unha presentación literaria encadrada no ciclo Café con libros, que, como o seu propio nome indica, diríxese a achegar actividades relacionadas coas novidades editoriais dende unha óptica diferente e, sobre todo, cun horario diferente ao habitual: polas tardes á tradicional hora do café.

A cita será a partir das 17.00 horas no Auditorio de Galicia e contarase coa presenza do alcalde rianxeiro Julián Bustelo, a escritora e investigadora Pilar Sampedro Martínez, e o representantes da Memoria Histórica polo Barbanza, Carlos Cimadevila.

Na xornada presentarase o libro Memoria Histórica a Literatura Infantil e Xuvenil Galega, da autoría de Pilar Sampedro.

A cita desenvolverase no Auditorio de Rianxo por mor das obras de rehabilitación que se están a desenvolver na Biblioteca Municipal.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.