Este xoves empeza en Ribeira a programación do Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día das Artes Galegas

03 Abril 2024

O Concello de Ribeira preparou unha programación especial co gallo da celebración do Día do Libro e do Día do Libro Infantil e Xuvenil . Esta iniciativa comezará este xoves coa presentación de “Comando Sintrom”, un libro publicado por Galaxia, a cargo de Beatriz García Turnes no centro Lustres Rivas ás 20:00 horas. O evento contará coa presenza do alcalde, Luís Pérez, e do pianista Yuri Durán, quen ofrecerá acompañamento musical. O día 25 Manuel Gago, quen ofrecerá a conferencia titulada “Francisco Asorey e a creación dunha imaxe para Galicia”.

Para os máis pequenos, ofrecerase unha nova edición do ciclo “Sábados de conto”, que comezará esta fin de semana co espectáculo “Menú máxico de contos” de Cris de Caldas. As seguintes sesións, sempre os sábados ao mediodía, estarán a cargo de Fran Rei, Pedras de Cartón e Electra Menéndez. Esta última impartirá o 27 un taller de escultura relacionado con Francisco Asorey, escultor de Cambados ao que este ano se dedica o Día dás Artes Galegas.

A programación cultural deste mes en Ribeira compleméntase cun taller sobre o traxe tradicional galego impartido por Montse Rivera a partir deste venres, e a exposición “A expresión da cor”, composta por obras de Juan Codesido, que estará no Lustres Rivas ata o 27. O día 17 comezará unha nova edición do programa “Camiños de coñecemento e experiencia”, que inclúe seminarios sobre fotografía, bioloxía e arte; e a biblioteca lanzou un concurso de deseño de marcapáxinas cuxo prazo de entrega finalizará o próximo día 16.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.