Unha vintena de rapaces de Porto do Son participaron no obradoiro de criaturas fantásticas impartido polo artista José Málvarez

02 Abril 2024

Unha vintena de nenas e nenos da contorna de Porto do Son finalizaron esta Semana Santa en clave creativa e mergullándose no deseño de personaxes de banda deseñada. Estamos a falar do Obradoiro de Criaturas Fantásticas que se celebrou este luns 1 de abril na Ludoteca Municipal de Porto do Son, unha actividade de conciliación para este tempo de vacacións na que participaron crianzas de sete anos adiante e que consistiu nun taller de debuxo creativo con Malvarezart, o selo baixo o que traballa o ilustrador José Málvarez Carleos. A actividade desenvolveuse en horario de mañá, de 11:00 a 13:00 horas. A actividade foi organizada pola Ludoteca e o Concello.

José Málvarez Carleos (A Coruña 1985) é un artista dixital e un autor profesional galego. Graduado en Comunicación Audiovisual e ex-alumno de O Garaxe Hermético (escola de banda deseñada dirixida por Kiko Da Silva), é autor de obras gráficas tan relevantes como Incoloro (A profecía dos sangues), editado por Xerais, Maldito verano ou Luces de Navidad. As súas contribucións á banda deseñada (cómics e novelas gráficas) foi na súa maior parte autopublicada. Tamén traballa facendo ilustracións por encargo a particulares e empresas.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.