
O Concello de Boiro colabora un ano mais coa Asociación Creaturas na organización dunha nova edición do Maio Vintage, que terá lugar na rúa peonil de Boiro o vindeiro sábado 4 de maio. As inscricións para participar están abertas dende este luns 1 de abril e ata o 15 deste mesmo mes.
Segundo lembran as entidades organizadoras, o obxectivo do Maio Vintage é “apoiar e difundir o traballo realizado por pequenas marcas, persoas dedicadas ao deseño, á ilustración, á fotografía… aos artistas relacionados co mundo da moda e ou a arte”.
Para a selección dos postos a participar terase en conta a súa adecuación á estética vintage; a orixinalidade, creatividade, calidade e o impacto social e ambiental dos produtos e postos; pertencer á localidade; a participación en anos anteriores…
As inscricións deben formalizarse enviando un correo electrónico ao enderezo ideasamoreas@gmail.com indicando o nome do posto, o nome da persoa representante e un teléfono e correo electrónico de contacto; tamén unha breve descrición do que se vai vender xunto con fotos, páxina web ou outra información; e espazo lineal que se precise para a instalación.
Máis información no Facebook de Maio Vintage.



