Ricardo Seixo e Abraham Vila presentarán en Rianxo “Pousos de Natureza” e “Outra volta de Rodicio”

31 Marzo 2024

O salón de actos do Auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro sábado 6 de abril a presentación dos libros de poesía Pousos de Natureza e Outra volta de Rodicio, de Ricardo Seixo (autor) e Abraham Vila (ilustrador). Ademais dos autores, intervirán no acto de presentación o escritor Xosé Ramón Branco Buxán, acompañados polo Concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo, Julio Alcalde. A cita dará comezo ás 12.30 horas.

Como dixemos, Ricardo Seixo e Abraham Vila estarán acompañados de Xosé Ramón Branco Buxán, autor do limiar do poemario Outra volta de Rodicio, que presenta destes xeito: “Trátase dunha obra que activa, mediante os seus versos, a nosa conciencia social, adurmiñada baixo o efecto dunha función narcotizante dos medios, que nos agochan acotío unha realidade esmagadora”.

Ricardo Seixo tamén é autor de Ollares… no fondo da retina… na paisaxe dos afectos (2016), Versos noctámbulos (2018), Na república da intimidade (2019), Sinais (2021), Coa luz negada (2021) e Pousos de luz, con deseño e ilustracións de Abraham Vila.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.