A mostra “O Fardel da Guerra” inaugúrase o día 5 de abril no Museo do Gravado a xeito de homenaxe a Xosé Conde Corbal

31 Marzo 2024

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai inaugurar logo da Semana Santa unha nova exposición: O Fardel da Guerra, centrada no artista galego Xosé Conde Corbal e que servirá de homenaxe á súa importante contribución artística. A mostra abrirase ao público o vindeiro 5 de abril ás 20.00 horas, na Sala 1 do Museo do Gravado. Contarase coa presenza do presidente do padroado do Museo e alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, do seu vicepresidente, Javier Expósito, e máis do director do Museo, Pastor Rodríguez.

O Fardel da Guerra (1936-1986) é un dos máis relevantes traballos de Xosé Conde Corbal (Pontevedra 1923 – Vilagarcía de Arousa, 1999), un artista cunha vida e unha obra marcada polo contexto cultural da posguerra e pola memoria da cultura galeguista anterior á Guerra Civil.

Desde o punto de vista formal, Xosé Conde Corbal participa dunha figuración marcadamente expresionista, unida a un sentido narrativo e visual que lembra a ilustración gráfica, visíbel na serie dedicada á Guerra Civil que vai presentar o Museo do Gravado na súa integridade, mais que tamén se pode percibir noutras obras do artista como as dedicadas a ilustrar pezas de Valle-Inclán ou a evocar o mundo da Xeración Nós.

“Estes traballos”, explican dende o Museo do Gravado, “manteñen unha intensa calidade como obras individuais e ao mesmo tempo transmiten a impresión de seren propias dunha publicación literaria ilustrada cun debuxo dinámico e planimetría cinematográfica; un traballo requintado con trazos expresionistas, debedor das imaxes do cinema europeo e americano e apoiado nas referencias textuais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.