Medra a Rede de Capacitación Dixital, da que forman parte IES de Muros, Noia, Outes e Ribeira

30 Marzo 2024

A Consellería de Cultura e Educación incorporou 16 novos centros á Rede de Capacitación Dixital (PDF), de tal forma que son xa 71 os centros que imparten ensinanzas para persoas adultas de Secundaria, Bacharelato ou FP, que dispoñen destas aulas. A Consellería destina un total 1.230.875€ para o conxunto destes espazos. Segundo informa Cultura e Educación, esta rede pon ao servizo da cidadanía as infraestruturas e dotacións dos centros educativos para” formarse nas competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis tecnolóxica, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo se realizan de forma telemática”.

As actividades van dirixidas, preferentemente, ás persoas maiores de 55 anos cun nivel baixo de cualificación neste eido, atendendo especialmente a fenda de xénero, á poboación vulnerábel e ás zonas rurais, de acordo co establecido na Estratexia Edudixital 2030, que ten como eixo segundo a mellora das competencias dixitais da cidadanía no ámbito das súas competencias.

Durante o seu primeiro ano de funcionamento formáronse en competencias dixitais básicas nas 55 aulas habilitadas na primeira convocatoria un total de 2.409 persoas e agárdase chegar a 2.792 ao longo do ano 2024.

Na relación de centros dotados con estas aulas figuran varios da nosa comarca: IES Plurilingüe Fontexería (Muros), IES Campo de San Alberto (Noia), IES Poeta Añón (Outes) e IES Nº1 (Ribeira).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.