“Somos un pobo de pescadores, no que o mar é unha fonte de riquezas”. Antón Luaces

29 Marzo 2024

O noso País, case que arrodeado de mar, permítenos subministrarnos neste de alimentos sustentables, saudables como son os nosos peixes e mariscos. Non vemos o mar coma un polígono industrial para invadilo de plataformas de aceiro e formigón que percuran que o oligopolio enerxético siga a facer negocio, antes coas enerxías fósiles e agora coa enerxía renovable mariña que impide a pervivencia dun sistema ancestral de subministración de alimentos como é a pesca.

Como pobo, como cidadáns, os galegos non nos opoñemos ás enerxías renovables: a loita contra do cambio climático é fundamental e toda a sociedade debe estar implicada nela. Pero sí nos opoñemos a que se impranten as renovables mariñas sobre os nosos caladoiros de pesca e sen ter en conta o dano que isto pode ocasionar ao sector pesqueiro e aos ecosistenmas mariños. Todos estamos ao lado dos pescadores, para que o Goberno de España non actúe polas presións dos Repsol, Naturgy, Iberdrola, Endesa, etc. e que a Xunta desempeñe neste caso un papel -que lle corresponde- na salvagarda dos intereses dun pobo, o  mariñeiro, ao que tanto debe esta comunidade autónoma.

O contido do antedito é, en grande medida, a formulación de principios que o sector pesqueiro xa ten exposto en distintos foros. E o sentido ou orientación, aquí, deses principios, non é outra cousa que o que un leva acumulado ao longo de moitos anos de contacto cos profesionais da pesca e que fago meus dende vai anos. Especialmente dende que coñecemos as pretensións das empresas de renovables que, verdadeiramente, da a impresión de que non renovan outra cousa que as súas contas de beneficios sen pensar en como e canto de negativo deixan para armadores e tripulacións dos pesqueiros galegos e a derivada que de aquí parte -no negativo- para as poboacións nas que eses barcos teñen as súas bases. 

Está a defender a Xunta eficazmente os intereses de Galicia neste complexo mundo da economía social?. Ten en conta o Goberno central as consecuencias que para o Estado español pode ter a perda inmensa que a paralización da vida local vai derivarse do amarre, venda ou despezamento da frota de baixura?. 

Porque resulta evidente que erguer parques eólicos  mariños alí onde HOXE pescan os nosos barcos é botar estes dos seus caladoiros tradicionais. O que é tanto como dicir que polas súas condicións intrínsecas a pesca galega de baixura queda sen caladoiros a máis ou menos curto prazo de tempo. 

Torres de aceiro e formigón van calar onde, ata o de agora, só se calaban os aparellos de pesca. Serán pantallas que impedirán que os barcos se acheguen aos bancos de peixe (sardiña, xurelo, xarda, faneca, xulia, pargo, robaliza, lura, choco, etc.) e sobren lonxas, peiraos, casetas para redeiras e un longo etcétera, neste momento escasos. 

Acabarase, finalmente, o problema da remuda xeracional no sector pesqueiro. Acabarase tamén a pesca como sector?. 

Non quixera aparecer aquí coma un agoiro totalmente negativo, nada positivo. Máis o futuro non pinta nada ben. E Galicia, sen a pesca, é ben seguro que será un País distinto e moito máis pobre. Porque non coñezo unha soa receita para fritir aspas, preparar rotores á galega ou aeroxeradores guisados ou lañados.

Non quero coñecer esa paupérrima Galicia mariñeira que un día non lonxano herdarán os meus fillos e netos.

QUE MÁGOA!.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Churros”. Xulio Xiz

“Churros”. Xulio Xiz

Sei que as pesetas como moeda non existen desde hai máis de dùas décadas pero non poido, cuestión da idade, sustraerme de calcular equivalencias, e de asombrarme de ter pagado en festa romana 1.000 pesetas por unha ducia de churros. O churro era a unidade...