“Nación”, de Margarita Ledo, proxéctase este mércores no Auditorio de Ribeira

27 Marzo 2024

Este mércores 27 de marzo o Auditorio Municipal de Ribeira vai acoller a proxección do filme documental galego Nación, de Margarita Ledo. A actividade incluirá ao remate da proxección un coloquio coa directora. A cita será ás 20.00 horas e e entrada é de balde. Este é un filme que aborda a realidade daquelas mulleres traballadoras e loitadoras polos seus dereitos na fábrica de cerámica A Pontesa (a fábrica galega de louza A Pontesa pechou en 2001 e dúas décadas despois un grupo de traballadoras lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical). Esta actividade encádrase no programa elaborado polo Concello de Ribeira para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.