En Boiro “Historias moi necesarias e que merecen ser contadas”.

22 Marzo 2024

A casa da cultura de Boiro acolle ata o 26 de abril unha ampla variedade de actividades culturais que comezaron no 8M, Día da muller, abrindo a programación coa obra de teatro familiar, Monstros. O parque da Cachada será testigo ata finais de abril dunha serie de obras con distintos temas en común relacionados coa identidade de xénero.

Este, venres 22, estréase a obra Antón, un neno diferente, que conta a historia dun neno distinto aos habitantes da súa vila. Os veciños culpaban a Antón dos seus males e acabaron por botalo fora da vila cando a variola os infectou a todos menos a el. Desterrado, comeza a súa viaxe na que se atopa cun home misterioso e cunha chea de personaxes da tradición oral galega que lle concederán a Antón tres desexos. Na fin de semana, tras a obra infantil proxectarase tamén o filme “20.000 especies de abejas”, gañador de tres premios goyas, dirixido por Estibaliz Urresola Solaguren e protagonizado por Sofía Otero. Nel relátase a historia de Cocó, unha crianza de oito anos de idade que non se sinte identificada co nome que lle puxeron ao nacer, Aitor. Nunhas vacacións
que fai coa súa familia á casa materna irá descubrindo pouco a pouco quen é, causando unha gran confusión na súa nai, na súa avóa e na súa tía, que terán que enfrontarse aos seus maiores medos ao verse fronte a eles, abrindo feridas do pasado para intentar curalas. Un filme feito con moita sensibilidade e cariño para concienciar e para darlle voz e importancia a temas que en moitas ocasións pasamos por alto.

Na seguinte semana de Abril, o venres 5, presentarase a obra “Testosterona” protagonizada polo escritor e xornalista Cristian Alarcón e dirixida pola actriz e directora Lorena Vega. Unha obra innovadora tanto estética coma narrativamente que experimenta o desconcerto dun cativo inxectado coa hormona que lle da título á obra e que combina teatro, danza, performance, videoarte e sons que nos farán vivir a ficción do xeito máis real posible.
O domingo continuará coa proxección do clásico Billy Elliot, onde poderemos lembrar a historia dese fillo de mineiros que, en plena folga, decide saltar as clases de boxeo que lle impuxera seu pai e comezar a facer ballet.
As seguintes semanas continuarán con máis obras e filmes como Uno para todos, Apaga o candil ou Deadpan Karaoke. Todas nesta mesma liña temática de xénero e inclusividade, con historias moi necesarias e que merecen ser contadas. (Antía Pereira)

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.