“As escondidas: Confrarías, Goberno e Organizacións de Produtores”. Antón Luaces

23 Marzo 2024

Responsábeis da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e das federacións autonómicas e provinciais, da Confederación Española de Pesca (Cepesca), das comunidades autónomas e membros da Comisión Europea, reuníronse o mércores en Madrid na sede da Secretaría Xeral de Pesca para repasar o actual marco xurídico que regula o recoñecemento das organizacións de produtores, así como as posibilidades e responsabilidades que conlevaría para as confrarías a conversión destas nese tipo de organización, cuestión que se baralla dende vai unha chea de anos e que nunca culminou polas características específicas (únicas) dos pósitos, entidades ou corporacións de dereito público oficialmente sen ánimo de lucro que actúan dende vai máis de cen anos como órganos de consulta e colaboración coa a Administración sobre temas de interese pesqueiro, especialmente da baixura. 

  Aurora de Blas, directora xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, mantivo unha xuntanza con representantes do sector pesqueiro -entre estes da Federación Galega de Confrarías- co obxectivo de avaliar a situación dos pósitos no marco da Organización Común de Mercados (OMC) dos produtos da pesca e da acuicultura, de cara a optar ao recoñecemento como Organizacións de Produtores.

Após un intercambio de impresións, acordóuse a constitución dun grupo de traballo que analice posíbeis mecanismos que faciliten o recoñecemento como tais organizacións de produtores de aquelas confrarìas que estean interesadas , dentro do marco legal vixente.

Neste senso, repasóuse o actual marco xurídico -tanto a nivel nacional como comunitario- que regula o recoñecemento das organizaciòns de produtores, así como as posibilidades e responsabilidades que tal feito conlevaría, neste caso, para as 63 confrarías galegas (máis de 200 no ámbito estatal).

O presidente da Federación Galega de Confrarías, o ribeirense José Antonio Pérez, confesou sentirse “enganado” e “sen saber a que viñemos” á devandita reunión na que, teóricamente, afirmou, “se non avanzou tratariamos de recoñecer as confrarías como organizacións de produtores, algo  que moitas delas non poden asumir dados os requisitos estabelecidos” e cando son moitas as OP que se estàn a destruir “e as confrarías non poden pasar por esas circunstancias”.

A mediados do vindeiro mes de abril e por medio de vídeo-conferencia vai afondarse na antedita formulación que, a xuìzo de  José Antonio Pérez, ven da iniciativa gobernativa  malia que é o propio Goberno o que manifesta un máis evidente interese facendo entender que é unha cuestión de carácter comunitario tendente á regularización do mercado. O presidente dos pósitos galegos espuxo a este xornal a súa disposición a acudir novamente a Bruxelas para deixar clara a postura favorable das confrarías a respecto da súa conversión en organizacións de produtores.   

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.