En Boiro o titular do Mar enxalza os traballos para elevar a produtividade dos bancos marisqueos na Ría de Arousa e visita as instalacións deste colectivo

22 Marzo 2024

O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, visitou esta mañá en Boiro as instalacións da Cooperativa Ría de Arousa, un
colectivo composto por máis de catrocentos socios que xestiona os bancos marisqueiros situados nas praias de Abanqueiro e ante os que defendeu os traballos para incrementar a produtividade dos bancos marisqueiros. Tamén abordou cos seus responsables a
posibilidade de recuperar as hacheries ou criadeiros de ameixa que posúe este colectivo para contar con semente tanto para o seu propio uso nos areais que explotan como para poñela a disposición do resto de produtores da ría.
Contar con mais semente será fundamental para recuperar os bancos, como tamén o é o traballo que realiza esta cooperativa durante a primeira metade do ano, con labores como é a de descompactar o substrato, cavando e osixenando os areais, e a de reducir tamén a carga orgánica para contribuír a que se fixen con maior éxito as larvas da primavera e o desenvolvemento dos moluscos.
Despois dos episodios de mortaldade dos bivalvos provocados polas fortes choivas e temporais do pasado outono que reduciron a salinidade das augas, agora estes traballos son máis importantes ca nunca, acompañados de mostraxes e dunha axeitada
programación da extracción, rareos, traslados, limpezas e a retirada de depredadores. De feito, as dúas últimas axudas concedidas á cooperativa arousá, que datan de finais de 2023, son as primeiras baixo o amparo do Fempa e totalizan más de 77.000 euros, teñen coma obxectivo financiar as labores dos biólogos e a vixilancia dos bancos.

Fundada en 1973 por Francisco Torrado e o párroco Baldomar García, o titular de Mar aplaudiu que hoxe a persoa que preside a cooperativa, Juan José Ramallo, non so manteña o temón na boa dirección, senón que pretenda aumentar a velocidade de cruceiro
para que o colectivo siga a ampliar as súas actividades. A incorporación dunha depuradora e dunha cetaria permitiron no pasado que incrementase o valor dos produtos que comercializa e aportase de forma directa aos seus clientes marisco da maior calidade.
Alfonso Villares tamén quixo destacar a posición privilexiada de Ría de Arousa para poder acceder ás mellores lonxas de marisco da Ría de Arousa, como Cabo de Cruz, Rianxo, Aguiño ou Ribeira. Sinalou que aínda que unha parte dos seus mariscos se comercializa
directamente desde as instalacións de Abanqueiro ou a través da Praza de Abastos de Santiago, a actividade principal de entidade se desenvolve na canle da restauración e, ademais, destaca como provedor gourmet do sector conserveiro galego.
Recoñecemento internacional da calidade Todo este traballo en favor da calidade ten o seu reflexo no feito de que en 2013 a
cooperativa certificou o seu modelo de xestión a través de Marine Stewardship Council, organización mundial independente sen ánimo de lucro que establece un estándar para a pesca sostible. Ademais, en 2017 foi máis aló e amparou a súa produción, lonxa,
depuradora e cetaria na marca pescadeRías, de onde senón?, selo de identidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal galega.
Desde o ano 2009 a Cooperativa Ría de Arousa recibiu máis de 2,5 millóns de euros en distintas axudas de Consellería do Mar, focalizadas no acondicionamento e rexeneración dos bancos marisqueiros e medidas de apoio técnico para a súa xestión, o control de acceso aos recursos, as instalacións e equipamentos para o cultivo da ameixa e protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.