Editores de Europa e América Latina apelan á liberdade de información como piar da democracia

22 Marzo 2024

Tras clausúra do VII Congreso de Editores Europa América Latina, celebrado en Bruxelas, aprobáronse unha serie de conclusións que serán elevadas ás autoridades de cada país e á Comisión e o Parlamento europeos. Estas conclusións abarcan unha ampla gama de temas que reflicten o compromiso dos editores coa liberdade de prensa, a sustentabilidade financeira, a ética xornalística e outros aspectos cruciais do xornalismo contemporáneo.

Defensa da liberdade de prensa: Os editores reafirman o seu compromiso coa liberdade de información como piar fundamental da democracia. Instan a protexer e promover a liberdade de expresión e a independencia dos medios de comunicación en todas as circunstancias, denunciando calquera intento de coacción ou persecución aos informadores.

Alberto Barciela, colasborado de ” O Barbanza” director do congreso de editores de Europa e América Latina

Sustentabilidade financeira e transformación dixital: #Ante os desafíos financeiros e tecnolóxicos, os editores buscan garantir a equidade nas relacións coas plataformas dixitais, así como o desenvolvemento de estratexias para asegurar a sustentabilidade e a calidade na contorna dixital.

Intelixencia artificial: Exponse a necesidade de abordar os desafíos éticos e prácticos asociados co uso da Intelixencia Artificial nas redaccións, así como a importancia de garantir unha remuneración xusta aos editores de noticias dixitais pola súa contribución ao adestramento da IA.
Ética e responsabilidade xornalística: Destácase a importancia de manter altos estándares éticos e de responsabilidade no exercicio xornalístico para contrarrestar a desinformación e as noticias falsas.

Diversidade e inclusión: Os editores comprométense a promover a diversidade de voces nos medios de comunicación e a reflectir de maneira precisa e equitativa a diversidade das súas audiencias e comunidades.

Promoción da cultura de paz: Avógase por fomentar unha cultura de paz a través das publicacións, condenando os conflitos armados e promovendo o diálogo e a resolución pacífica de conflitos.

Compromiso coas crises humanitarias: Recoñécese a necesidade de informar de maneira precisa e responsable sobre crises humanitarias, amplificando as voces de quen ven afectados e promovendo a solidariedade e a empatía a través das publicacións.

Apoio á educación e alfabetización mediática: Reafírmase o compromiso coa educación e promóvese a alfabetización mediática como ferramenta para construír sociedades máis xustas e inclusivas.

Protección de xornalistas: Faise un chamamento para garantir a seguridade dos xornalistas en zonas de conflito e a investigar e sancionar os ataques e ameazas aos comunicadores.

Desenvolvemento de alianzas estratéxicas: Destácase a importancia de potenciar a colaboración entre os editores de prensa en Europa e América Latina, fortalecendo a capacidade para enfrontar desafíos comúns e enriquecéndose mutuamente a través de perspectivas rexionais e globais.

Estas conclusións reflicten o compromiso dos editores coa promoción de valores democráticos, a calidade xornalística e o servizo á sociedade a través dun xornalismo ético, diverso e responsable.

Outros artigos

O BNG de Padrón acusa ao Goberno local de “deriva autoritaria”

O BNG de Padrón emitiu un comunicado no que expresa a súa "profunda preocupación" polo que cualifica de "deriva autoritaria" no Concello por parte do Goberno local (PSOE), ao que acusa de "falta de capacidade de diálogo" . Dende a formación din que o Executivo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.