Comeza nas praias de Ribeira o aniñamento da píllara das dunas

21 Marzo 2024

A concelleira de Servizos Municipais de Ribeira, Tania Redondo e a concelleira de Medioambiente, Antía Alberte, achegáronse este xoves 21 de marzo á praia de Coroso, onde axentes ambientais están a delimitar a zona de aniñamento da píllara das dunas para evitar a perturbación dos niños. 

Segundo indicaron as edís, o Concello está traballando en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural e os membros do grupo de investigación que, dende a Universidade de Santiago, traballan coa píllara das dunas co propósito de “asegurar a viabilidade da poboación galega desta ave nos areais do municipio”.

A concelleira de Servizos Municipais, destacou que “á hora de realizar a limpeza e rozas no entorno dos areais, estanse a seguir as indicacións da Universidade e dos axentes ambientais para respectar o hábitat da especie e perturbala o menos posíbel”. 

A maiores, co propósito de fomentar a educación ambiental e a sensibilización da comunidade respecto desta especie, o Concello organizou xunto a USC e os axentes de Conservación a impartición dunha charla dirixida o público xeral acerca da píllara das dunas e, sobre todo, da relevancia do territorio ribeirense para a conservación da poboación galega, incidindo na busca de convivencia entre uso humano das praias e mantemento da biodiversidade asociada a elas. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.