
O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo dirixido á confección dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de prazas de administrativo grupo C1. O Boletín Oficial da Provincia publicou este xoves 21 as bases da convocatoria e o prazo de presentación de solicitudes, que será de dez días hábiles.
Segundo informou o Concello, o sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación laboral ou o nomeamento temporal como persoal funcionario.
As persoas candidatas a este proceso deberán cumprir unha serie de requisitos recollidos no Estatuto Básico de Empregado Público como ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público; ter feitos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa; posuír as capacidades e aptitudes físicas para o desenvolvemento das funcións; e non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. Ademais, as persoas aspirantes deberán estar en posesión do título de bacharel ou técnico.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro nun prazo de dez días hábiles a contar dende este venres. As bases e toda a información sobre a convocatoria está dispoñíbel na web municipal.



