A Unidade Pastoral de Ribeira e Cáritas Parroquial nun comunicado feito público esta tarde, condena enerxicamente calquera forma de violencia machista.
Como institución comprometida coa promoción da dignidade humana e a xustiza social, A UPA de Ribeira e Cáritas, rexeitan categóricamente todo tipo de comportamento que degrade, infrinxa ou abuse dos dereitos fundamentais das mulleres.
As Institucións Católicas facense eco e unense á concentración que convoca pola Corporación Municipal do Concello de Ribeira , celebrase este mércores no Malecón.
A UPA de Ribeira e Cáritas exhortan a todos os fieis e á sociedade en xeral a tomar conciencia da gravedade da violencia machista e a comprometerse activamente na súa erradicación. Isto implica promover a eduación en igualdade, fomentar o respecto mutuo entre homes e mulleres, denunciar calquera forma de violencia e apoiar ás vitimas no seu proceso de recuperación e procura da xustiza.




