“Un galo, unha galiña, un galiñeiro, comportan unha obriga: o rexistro” – Antón Luaces

20 Marzo 2024

Galicia non matou a fame dos anos da posguerra comendo carne de polo, galiña ou galo. Tampouco con ovos de galiña, cocidos ou fritidos. Moito menos, que a sopa ou o cocido levara a carne desas aves como compango. E ben certo é que non foi porque non houbera esas aves nos currais ou galiñeiros, porque daquela -e ata non vai moitos anos- non resultaba doado pasar por un lugar, unha aldea, unha parroquia, un pobo sen que -máis ou menos perto de cada quen- non se escoitara o canto do galo ou o cacarexar das galiñas.

Pero, lector, unha cousa era ter esas aves e outra manterse coa súa carne e os seus ovos, porque semellantes peperetes se reservaban para a súa venda nos mercados (prazas de abastos) e, deste xeito, facer que entrara na lacena da casa -en cuxos caixóns se gardaba- unha ducia de pesos ou, o que era o mesmo, 60 pesetas que viñan ser todo un mundo para comprar aceite, azucre, tabaco para a petaca do señor (as señoras non fumaban, agás a miña tía-avoa Claudina que fumaba puros), etc.

Quero dicir: sabíamos que había galiñas e galiñeiros, pero estes estaban adosados a case que todas as casas e só nas dos ricos xantaban polo asado, sopa de galiña e galo fritido con patacas da colleita.

Nos anos 70, xunto cos galiñeiros “da casa” xa existentes, apareceron as granxas avícolas, explotacións moitas delas inmensas nas que as aves proliferaban como os piollos nunha pandemia. E, anos máis tarde -xa cando España formaba parte da CEE, posteriormente UE- esta Unión Europea contemplaba abraiada como se sacrificaban milleiros de galiñas, galos, polos; aparecía, daquela, a peste aviaria, un mal que se tenta evitar agora polas autoridades responsables mediante a entrada en vigor do Rexistro de Explotacións Agrícolas no que, dende o pasado 1 de xaneiro, deben estar inscritas todas as explotacións de autoconsumo -o clásico galiñeiro da casa- . Así o estabelece o Real Decreto 637/2021. Unha medida que levanta unha forte polémica dende o punto de vista burocrático. Unha decisión que, para a ciencia, é un “mal” necesario: hai que controlar as enfermidades avícolas.

A necesidade de dispor dun censo oficial de galiñeiros de autoconsumo ven determinada pola política sanitaria e a medicina preventiva.

Este tipo de explotacións, ata o de agora algo recorrente, non deben superar os 30 exemplares de galiñas poñedoras. Teoricamente non  teñen que implicar ningún tipo de medida de seguridade, esixible para as granxas e grandes explotacións. Con todo, é preciso ter un efectivo control do número de galiñeiros para poder actuar a tempo ante os gromos de gripe aviaria ou de  calquera outra enfermidade que afecte ás aves, porque cando se producen casos nunha zona, é obrigado amosar que a doenza non se diseminou nun radio de determinados quilómetros. De ser así, habería restricións de movementos.

Porque de carecer de rexistro oficial, teríase que comprobar un  a un todos os galiñeiros que haxa ao redor, como aconteceu en 2001 -cando non existía ningún tipo de rexistro oficial que localizase xeograficamente os galiñeiros de autoconsumo- en Vigo, onde se detectou o gromo dunha enfermidade  aviaria nunha explotación. Pola falta dun censo oficial, os veterinarios tiveron que ir casa por casa para comprobar que non se diseminara a doenza, porque se non se demostra que a situación está controlada, a exportación de carne e de produtos aviarios de Galicia podería pecharse. Este rexistro, segundo os expertos, non xera maior carga burocrática para quen ten un  galiñeiro de autoconsumo, xa que se trata dun rexistro semellante ao que teñen os apicultores. Non se ten que acreditar a titularidade nin a propiedade da explotación, porque o devandito rexistro pode facerse de xeito presencial nas oficinas da Xunta ou telematicamente.

Outros artigos

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.